jueves, 30 de diciembre de 2010

2010

OS GOZOS


Un ano máis na historia de Queixumes dos pinos, o mellor dende que eu o coñezo e o que máis traballo e esforzo esixiu de todos os que dun xeito ou outro estamos involucrados neste proxecto. E de verdade que se notou.

         Grazas a este esforzo foron posibles catro viaxes fóra da Península.
        
Sicilia, Agrigento. Volvemos ao lugar onde un grupo de nenos e nenas hai dous anos lograron para Queixumes o seu premio máis internacional: o premio Nicholas Green e, como entón, foron os máis pequenos os que deixaron de novo o pavillón no  mais alto.  
                          
         No verán fixémonos sete mil quilómetros percorrendo Europa enteira:
Lublín e Cracovia en Polonia. Belgrado en Serbia. Budapest en Hungría. Aviano e Venecia en Italia. Estrasburgo en Francia e outros máis. Dentro duns anos cando á xente lle pregunten onde estaba cando España gañou o mundial de fútbol, nós diremos: estabamos a bailar nun festival en Belgrado. E no medio da actuación oíuse un "gol de España, España campiona,". Aplaudíronnos pola actuación e felicitáronnos por ser campións
         Fomos a Praga cun grupo de Músicos, e en novembro Queixumes engadiu a súa longa lista de países visitados Finlandia, onde pensabamos conxelarnos e por pouco nos cocemos.

LUBLIN


         Na nosa Península estivemos en 
Mundocultura 2010 en Barcelona e en Asturias e tamén fixemos un par de visitas aos nosos amigos os portugueses: Mamarosa e Guimaraes.
         Actuamos en diferentes 
concellos e festas: San Blas na Curuxeiras e Berrero, en Oseira, Muiños, Riós, Carballiñxo en "a festa do polbo",Barbadás, Covadonga, O Viso, Os Gozos,  Palmes,  Coles...

         Fixemos galas no 
Xesteira, na Praza Maior, noTeatro Principal... Cubrimos corenta magostos en tres fins de semana e presentamos en Barbadás o espectáculo "O retorno do emigrante".

         Pero onde 
Queixumes como colectivo e equipo deu o máximo foi no V Festival Internacional Xuvenil e XIII Galego. Nunha semana de Festival demostrouse aquilo de que “quen quere, pode”, e quixemos todos e todos puidemos, e entre todos sacamos adiante un festival 10.

Adeus amigos hata o proxmo festival


         Persoalmente este ano vivín tres acontecementos únicos con
Queixumes.

O primeiro foi en Lublin (Polonia): para poñer os pelos de punta. Nun escenario enorme e ante mil persoas ou máis, saíulles todo perfecto como o deixou patente a atronadora ovación coa que os despediu o público: fóra de casa, en país estraño e ver que o que estás a facer o aclaman e aplauden e ves que é recoñecido: ¿sabedes que é ter un nó na garganta? Emocionante.

         O segundo, a actuación na Praza Maior, como pai para estar orgulloso e poder dicir: dos que están a bailar dous son fillos 
meus. ¡ ¡ Que ben o están a facer!!!

         O terceiro é emotivo: as despedidas dos grupos estranxeiros ao rematar o festival, en todas aflorou algunha bágoa de despedida. Que gratificante é comprobar que os grupos se van contentos, polo colectivo e por un mesmo.

Seguro que me deixo algo...

         Os agradecementos, pero son tantos e a tantos que só vos digo unha cousa: grazas por ter nos vosos corazóns un oquiño  para Queixumes.


Para rematar un recordo para "Josiño". Queixumes chegou ata aquí tamén grazas a el.


FELIZ E VENTUROSO ANO 2011 PARA TOD@S.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar un comentario.