Nuns intres de anacos de tempo a gorxa poderosa resume séculos de anos nun berro que traspasa o canto, a canción e o momento. Enchido o peito de orgullo e o corazón emocionado, o sentimento máis fondo nace das entrañas do corpo e en pura resonancia do berro e do seu eco, a estela dos ventos sementa por todos os recantos da terra e do ceo a maxia do non creado: o aturuxo.
Tiñao que dicir e máis despois de asistir este fin de semana á magnífica
actuación coa que nos obsequiaron as Cantareiras
do Grupo Ancoradoira, grazas por sentir o
folclore e cantalo como o facedes, grazas por mimar desta forma a nosa cultura e grazas pola xovialidade e
frescura con que o levades a cabo e por suposto grazas por compartilo connosco.
As fotos de Patricia en:
https://www.facebook.com/photo.php?fbid=2627020971395&set=a.2626972370180.69081.1731443755&type=1&theater
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Puedes dejar un comentario.