lunes, 7 de noviembre de 2011

BULLÓS.



 






           Piñeiro que crepitas na chispeante fogueira e debuxas danzas de amores namorados con traxes azuis e broches de ouro pintados de nácar. Carballo enchido  do lume que converte as viandas en manxares pracenteiros e en fraternidad coa gula fan que sucumbamos á tentación de comelos. Baco, de ti seremos servos ata que da fonte do líquido divino nin pinga de viño naza.



 E soa unha gaita, se puidese, e óese un pandeiro, atopar as palabras, e o bombo retumba dándolle a man á pandeireta, unha trenza faría, estando presentes o acordeón o tambor e as castañolas, co meu corazón a miña alma e o que ela canta.

  Risas, bulicio, gargalladas, sorrisos sinceros en rostros infantes, aspectos risueños aínda que a súa cor sexa negra, e música e baile.

                     


  Achégase a noite, as bruxas pululan, a cunca  de barro acode á súa cita e o seu corpo presta para o sacrificio de augardente branco grans de café e rodaxas de froita e se o queremos doce botámoslle azucre. É hora de maxia é hora de feitizos é hora de lume. Os diaños apártanse, os demos foxen, chegan os espíritos, a Santa Compaña ¡xa está a Queimada!, adeus maleficios, adeus sortilexios e embruxos e alzando a copa ¡brindemos! primeiro por  nos e  máis logo  para que na próxima estean connosco os que non viñeron. 





    Lume do averno que das brasas renaces e convertida en faiscas  cabalgas á grupa do vento ascendendo ao infinito para converterte  en lúa. Lume do inferno que consomes o carballo e en negro tizón transfórmalo para ser paleta monocolor do pincel de mans astutas que tiznarán de azabache confiados rostros. Chama de belcebú que trazas sombras nas tebras da noite e en bruxas transfórmalas.




    Centenario castiñeiro  que nos proporcionas o prezado froito centro desta festa que na memoria deste pobo pérdese. Bendito magosto que por unhas horas sementas alegría e escorrentas tristezas e achegas amigos ao redor dunha  simple fogueira.


    O día pérdese por un horizonte de cores ocre... a noite, á espreita, ao ver que te fuches aprópiase de todo co seu mantón negro... Acéndense as luces... consómese o lume...non quedan bullós... e  para rematar aínda hai que recoller isto...(Grazas ós que o fixeron)

Eu son eu e as miñas "amizades".  (Javier y Enériz)



NON DEIXEDES DE VISITAR:






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar un comentario.