miércoles, 10 de noviembre de 2010

MAGOSTOS

A riqueza de cada país reflíctese nos seus costumes, nas súas tradicións e os magostos en Galicia é unha das tradicións transformada en escusa para que a súa xente  se reúna arredor dunha fogueira e comparta un tempo case esquecido de amabilidade e confraternidade e iso conségueo un froito que durante anos foi a base da alimentación de moitos: a castaña.

Non poden faltar os chourizos e un bo viño e sobre todo unha boa compañía, ingredientes case suficientes porque falta algo necesario nunha xuntanza de amigos: o son dunha gaita galega, ou de dúas, o tambor o bombo as pandereitas e un acordeón.
Agora si que a festa está servida.

E os mozos e as  mozas de Queixumes preparados para por a nota de alegría en cada un deles e este ano son moitos, así que ánimo e que todos vaian ben.
Persoalmente son días de moito traballo, pero merece a pena vivilos aínda que só sexa como espectador. No meu caso, como no doutros, tócanos prestar o apoio loxístico para que a música chegue a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Puedes dejar un comentario.