-Silencio... Non oyes?...Escucha o que aos teus sentidos chega.
-É un murmurio...
-Non, é o susurro de dedos moldeando espazos imposibles entre bosques de alfinetes de cores. É o rumor do rozamento da seda, do algodón, do liño que en sabias mans se converten en fíos de vida. É o contacto da sabedoría, da experiencia, da paciencia na intimidade do mundillo(1). É música de palilleiras que cun anaco de "buxo" compoñen a máis incrible das sinfonías. É esforzo, é tesón, é coraxe de homes e mulleres galanteando coa dificultade de labores complicados. É sinxelamente o máis complexo: palillar.
Un ano máis, e son moitos, Queixumes dos Pinos volveu gozar do cariño e do afecto da Asociación Palilleiras Novo Milenio 2001 de Ourense. Invitáronnos á "X Xuntanza de Palilleiras" e non podiamos faltar. Un nutrido grupo de músicos acudiron á cita, e créedeme que é así, pois ata hoxe eu non vira seis gaitas nunha actuación, e hoxe eran seis e perdón pola comparación, pero coma nos touros. Non quero que se me esquezan os demais instrumentos que tamén son importantes, pero tamén me vou referir ao tambor e realmente produce satisfacción ver o bo relevo que vén.
As gaitas emerxen do mar dos palillos. |
Dende logo que para compensar a máxica sinfonía do repiqueteo dos palillos á que me referín antes, facían falta. E facían falta porque se os palillos se facían de "buxo" (boj. "Madera de boj". novela de Camilo José Cela) porque era a madeira máis dura, Queixumes nestes momentos ten que ser como o "buxo", forte e sen esquecer o que mellor sabe facer: folclore galego.
Pola zona de montaña da provincia de Ourense circula un dito moi popular: "estou san coma un buxo". E se do "buxo" transformado en palillos é capaz de nacer a música das palilleiras, deste colectivo de persoas que forman a asociación tamén nacen ilusións, sonos, esperanzas, satisfaccións, entusiasmo e todo para que na próxima ocasión non sexan seis gaitas ou dez músicos se non moitos máis os que participen.
-Verdade que agora escoitas mellor o que aos teus sentidos chega?
-o-o-o-o-o-
Que esta publicación no blog sirva para dar as gracias á Asociación Palilleiras Novo Milenio 2001.
GRACIAS
Ampla reportaxe en
http://www.facebook.com/photo.php?fbid=1323149415421&set=a.1323147095363.34471.1731443755&theater
(Graciñas, bo traballo David)
(1) Eu non o sabía, pero así chaman tamén @s palilleir@s á almofada onde traballan o labor.
Que esta publicación no blog sirva para dar as gracias á Asociación Palilleiras Novo Milenio 2001.
GRACIAS
Ampla reportaxe en
http://www.facebook.com/photo.php?fbid=1323149415421&set=a.1323147095363.34471.1731443755&theater
(Graciñas, bo traballo David)
(1) Eu non o sabía, pero así chaman tamén @s palilleir@s á almofada onde traballan o labor.